Uxía Iglesias Tojeiro

Traductora inglés/alemán > galego/castellano
Traductora jurada ingles-gallego-ingles

Inicio

Licencieime en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo no 2004. O terceiro ano de carreira fun cunha bolsa Erasmus a Leipzig (Alemaña), país que se convertería, sen sabelo daquela, no meu segundo fogar.

Unha vez licenciada, no verán d0 2004, decidín probar sorte en Berlín. Alí estiven tres anos traballando como tradutora autónoma (alemán/inglés-español) en diferentes campos (textos xerais para diferentes ONGs, tradución de mateiris extra para DVD e subtítulos, tradución técnica, páxinas web, etc.). Durante estes tres anos, ademais de aprender alemán na Humboldt Universität, empecei un Bachelor en Filosofía.

En setembro do 2007 mudeime a Kiel a traballar na Christian-Albrechts Universität de lectora de galego. Nos tres anos que durou o meu lectorado combinei o traballo de docente co de tradutora literaria, ademais de participar en diferentes congresos tanto en Alemaña coma en España.

Vivo en Hamburgo dende novembro do 2010.